Villarejo declara na Audiencia Nacional polas dúas pezas que deron pé á súa detención
Publicado o 04/03/2021 09:11

O excomisario Villarejo leva só unhas horas en liberdade e hoxe declara na Audiencia Nacional polas dúas pezas que deran pé á súa detención hai máis de tres anos.
Dende aquela, o caso Villarejo non deixou de medrar. Hai grande expectación polo que poida dicir hoxe. Á saída do cárcere, xa lanzou varios dardos. Asegura que o tiveron encarcerado para facelo calar.