CRTVG

Buscar

As vilas turísticas galegas, cheas esta fin desemana

Publicado o 11/06/2021 21:56

Datos que se traducen en imaxes, venres 11 de xuño e un Sanxenxo que pasa do optimismo á realidade. Dun paseo que se recupera, dunha hostalería que se reactiva, de ganas, de moitas ganas. De recibir turistas e de sermos turistas

Vallan outros datos, os dos usuarios deste aparcadoiro ou os do consumo de auga no mes de Maio para saber que superaron marcas prepandemia. Vallan tamén estas imaxes da praia de Silgar ao longo da mañá.Comparámola con estoutra, de Baiona á tardiña. As mesmas ganas, imaxes ben parecidas.

Cóntannos aquí que, coincidindo cun festivo en Portugal e aínda que non están a tope, xa levan toda a semana recibindo xente. Sábeno ben os turistas, principalmente nacionais e portugueses, que esta fin de semana encherán Baiona.Isto é só o comezo. Confían en que sexa a tónica do verán.




 

Noticias web

11/06/2021