CRTVG

Buscar

Vilas da raia, distanciadas pola pandemia, reivindican as súas peculiaridades e a súa irmandade

Publicado o 04/05/2021 16:26

Nos tres meses de peche de fronteiras con Portugal as empresas da eurorrexión rexistraron perdas económicas históricas. Agora recuperan pouco a pouco a normalidade, reivindicando as peculiaridades das eurocidades e o sentimento de irmandade. 

O supermercado de Puri en Feces de Abaixo, en Verín, está a escasos metros da fronteira con Vila Verde. Leva 30 anos á fronte do negocio e este último peche pola pandemia é do peor que lembra. "Sobrevivimos mal cos nosos negocios estes tres meses", asegura.

María Filomena, portuguesa, vén ao súper de Puri por primeira vez en máis de tres meses. Para ela, Feces e Vila Verde son a mesma localidade. "Só o que non conoce a raia non o entende. A realidade é esa. Nas vilas da raia necesitámonos uns aos outros", explica.

Todas as eurocidades galegas insisten neste espírito onde entenden a estrada ou ponte que as conecta como unha rúa máis da súa vila. Os organismos que as xestionan xa estudan partidas específicas dos fondos europeos que están por vir para solucionar o dano feito polos tres meses de irmáns separados.