CRTVG

Buscar

Vilardevós, Maside e Paradela, os concellos galegos con maior nivel de restricións

Publicado o 20/03/2021 20:31

Os concellos ourensáns de Maside e Vilardevós son os únicos de Galicia nos que a incidencia acumulada supera os 500 positivos por cada cen mil habitantes. En Maside hai 2.700 veciños e 13 positivos. En Vilardevós hai 1.900 veciños e 9 positivos.

Maioritariamente os positivos concéntranse en familias illadas. A situación repítese en Paradela, o outro dos tres concellos galegos co nivel máximo de restricións. Pero a diferenza de Vilardevós ou Maside, aquí a incidencia acumulada está por debaixo dos 500 positivos por cen mil habitantes.

O  alcalde contábanos este sábado que hai cinco infectados.
Para a semana revisarase a situación destes concellos. Cun nivel restritivo menor habería máis turismo en Semana Santa, pero hai quen lle ten medo.

Noticias web

20/03/2021