CRTVG

Buscar

Vilanova dende hoxe queda liberada do peche perimetral

Publicado o 14/05/2021 15:02

Os positivos, aquí en Vilanova, bailan dun día para outro.

"Hoxe tivemos un pequeno respiro, baixamos 3 casos, de 49 a 46. Onte tivemos unha subida que non esperabamos, de 8 casos, por un foco familiar, foco familiar pero que inclúe nenos que van ao colexio, entón hoxe vaise facer un cribado en todo o colexio de Vilanova", apunta ​Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova.

Xusto fai 3 semanas dende que o subcomité clínico anunciara o peche do concello. Daquela tiñan menos incidencia acumulada que hoxe, así que os ánimos non están para moita celebración.

Con este panorama, algúns hostaleiros optaron xa por non abrir. Os que si o fixeron notaron que había ganas de volver aos bares.

Noticias web

14/05/2021

Máis sobre Vilanova de Arousa