Vilanova dedicaralle unha avenida a Amancio Ortega
O Concello de Vilanova de Arousa quería renderlles unha homenaxe aos que loitan contra o coronavirus, e atopou a maneira: dedicaralles cada rúa do polígono industrial a sanitarios, policías e voluntarios, entre outros. A avenida principal terá o nome de Amancio Ortega.
Vilanova de Arousa. Un polígono industrial. Sete rúas sen nome. E un alcalde moi atento ás redes sociais.
"Recibimos varias propostas para que esta vila fixera unha homenaxe á xente e aos organismos que están a colaborar no tema do coronavirus".
E entón naceu a idea pintada neste mapa.
"E ocorréusenos dedicarlles as rúas que estaban sen nomear do polígono de Baión".
Así que cando volvan os plenos ordinarios levarán a proposta de poñerlles a estas rúas os nomes dos sanitarios, dos voluntarios, da policía, do Exército, da Garda Civil, de Proteción Civil.
"E ao vial principal que percorre todo o polígono queremos poñerlle o nome de avenida Amancio Ortega".
Unha idea que xurdiu das redes sociais.
"Honor a quen honor merece".
É unha idea que suscita debate nas redes sociais.