Vilanova de Arousa pechará a partir do luns, sendo o concello do Salnés coa maior incidencia
Sorpresa e tamén resignación entre os veciños. Vilanova de Arousa súmase ao Grove e pasa ao nivel máximo de restricións a partir do luns.
"É duro non poder saír a ningún lado pero ben hai que adaptarse ás cousas como veñen", lamenta Celestino Catro, veciño de Vilanova.
A nova caeu hoxe coma un mazada na vila.
"Outra vez, unha vez máis non sei nin como imos subsistir pero ben aí estamos", apunta Maite Oubiña, hostaleira.
"Vexo moi inxusto que porque haxa un gromo de contaxios nun colexio ou nunha fábrica teña que pechar só a hostalería", comenta Óscar Casaldarnos, hostaleiro.
Hoxe moitas mariscadoras madrugaron para ir á seca. O peche da hostalaría tamén lles afecta.
"Seguramente si, porque ao final moita da ameixa que nós vendemos é a os bares", inforna Mirian Mariño, mariscadora.
Hoxe tamén era día de mercado, pero moi pouca xente se achegou. Esta fin de semana o tempo non vai a acompañar así que moitos hostaleiros asumen o peche xa dende hoxe.