CRTVG

Buscar

Vilanova de Arousa logra dobregar o virus e baixa a restricións mínimas

Publicado o 27/05/2021 15:26

Nun mes Vilanova logrou dobregar a curva do virus. Unha baixada drástica e sostida nos contaxios. A hostalería prepárase xa para unha fin de semana coas restricións mínimas. Ampliarán ocupación, abrirán interiores e poderán atender grupos de ata 10 persoas.

A mellora dos datos e o avance das vacinas inxectan optimismo neste porto mariñeiro e xacobeo onde xa arrecende a verán. Sen despistarse e con prudencia, pero queren volver presumir de Vilanova ante todos aqueles que se animen a visitar un concello, a día de hoxe, practicamente libre de covid.

Noticias web

27/05/2021