Vilanova de Arousa incorpórase o luns ao nivel máximo de restricións
• A semana próxima tamén continuarán coas máximas limitacións O Grove, A Pobra do Carmiñal, Cualedro e Carballeda de Valdeorras
• Hoxe entran en vigor novas medidas, con Vigo no nivel medio
A Xunta de Galicia decidiu este vernes, tras a recomendación do subcomité clínico que asesora a Sanidade na xestión da pandemia, o establecemento, a partir do luns, do nivel máximo de restricións (1) no concello de Vilanova de Arousa. Neste chanzo permanecerán Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal e O Grove.
Do mesmo xeito, determinou incorporar ao nivel alto de restricións (2) os concellos de Petín, Meis, Ribadumia e Ponteareas, onde continuarán Lobeira, Muíños, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín e Meaño.
Ademais, as medidas do nivel medio (3) rexerán nos concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Barreiros, Chantada, Trabada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar e Vigo.
No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo (4). A este grupo sumaranse, a partir do luns, Cambados, Muxía, Ortigueira, Rubiá e As Pontes de García Rodríguez.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 26 de abril.
Restricións a partir de hoxe
Ata entón, rexerán as medidas anunciadas o pasado mércores polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que entraron este venres, 23 de abril, en vigor.
En situación de máximas restricións (nivel 1) seguen os concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, O Grove e A Pobra do Caramiñal. Con restricións altas (nivel 2) hai 14 municipios: O Barco de Valdeorras, Cambre, Cortegada, Lobeira, Marín, Meaño, Meira, Muíños, Padrenda, Petín, Ribadumia, Ribeira, Rubiá e Vilanova de Arousa.
Con restricións medias (nivel 3) están: Barreiros, Boiro, Cambados, Cangas, Carral, Cartelle, Catoira, Gondomar, A Illa de Arousa, Lobios, Meis, Muxía, Ortigueira, Ponteareas, As Pontes de García Rodríguez, Rianxo, Sanxenxo, Trabada, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
No resto de municipios rexen as restricións medio-baixas (nivel 4).