CRTVG

Buscar

Vilanova de Arousa entra ás doce da noite no nivel máximo de restricións

Publicado o 25/04/2021 14:34

A poucas horas de que Vilanova de Arousa entre no nivel máximo de restricións, este era o ambiente esta mañá de domingo no municipio. Este domingo a hostalería aínda pode estar aberta, pero utilizando tan só as terrazas e cunha ocupación do 50 %. Mañá terán que pechar e poderán servir só para levar a domicilio. Regresar a esa situación recíbeno con cansazo e resignación. É o que nos contaban Ana e Óscar:

"A min agora aféctame moitísimo poruqe da outra vez aínda estiven aberto para o que é para levar para os clientes de todos os días, pero xa non podemos máis, esta semana imos pechar porque xa non compensa"
"Xa con resignación e con ganas de tirar a toalla. Adaptámonos ás circunstanciaspara evitar botar xente á rúa e evitar o ERTE pero isto xa é agotador"

Defenden que non son os culpables da situación porque aseguran que cumpren as normas de maneira estrita.
Segundo os datos do Sergas, a incidencia acumulada no muncipio a 14 días está en 350.
Algo que preocupa entre os veciños:

"Con bastante incerteza porque non sabes que facer, se saes, se non saír"
"Sempre con algo de medo pero ves que hai xente que non cumpre como tiña que cumprir as normas"

Será ás doce da noite cando Vilanova de Arousa pase ao nivel máximo de restricións. O que implica, ademais do peche da hostalería e restauración, a prohibición das reunións de non conviventes e o peche perimetral do municipio.

Noticias web

25/04/2021