CRTVG

Buscar

Vilalonga celebra o San Pedro cunha actuación para 300 persoas sentadas e sen baile

Publicado o 29/06/2021 15:23

Na parroquia de Vilalonga, en Sanxenxo, non queren renunciar á festa. Celebrarán o San Pedro esta noite cunha actuación da orquestra local La Oca Band, unha das seis que participaron nas probas piloto das verbenas. Presentarán o espectáculo Historia da verbena nunha actuación especial para os seus veciños. De entrada, para que todo sexa máis seguro, os músicos e a comisión de festas acordaron primar a actuación e suprimir a opción do baile.

José Ramón Giao, secretario da comisión de festas de Vilalonga: "Aínda que noutros lugares xa se están a facer con marcas no chan para poder bailar, nós hoxe preferimos aquí ter 300 persoas sentadas gozando do espectáculo".

Dani Dopazo, músico da Orquestra La Oca Band: "É importantísimo, despois dun ano e medio de ter a actividade practicamente prohibida, poder actuar para o público que é a nosa vocación, provócanos unha emoción indescritible".

Noticias web

29/06/2021