CRTVG

Buscar

Vilalba non logra frear os contaxios; este venres, novo cribado

Publicado o 29/01/2021 21:24

O concello de Vilalba escala hoxe ata os 170 contaxios. Unha cifra que sorprende e preocupa na rúa. "Moi alto"; "Non saímos, imos a peor".

A transmisión acelorouse nas últimas dúas semanas. A maioría non se explica porque despois de dous meses baixo estritas restricións non logran frear os contaxios. "Coas restricións máxima e non é que non de baixado e que cada dia sobe máis"; "Non sei, dous meses pechados, cos bares tamén pechados, non sei"; "Non sei se foi o Nadal, as rebaixas, non sei".

Hai quen apunta a que o problema está no incumprimento das medidas. "As familias seguen xuntándose, seguimos facendo comidas, a xente non cumpre".

Esta tarde 550 veciños pasarán polo pavillón facer unha PCR. E o cuarto cribado poboacional que se fai no municipio. "Estamos vendo que se detectan casos en todos os sectores poboacionais, esperemos que estas medidas sirvan para deter a progresión tan explosiva de casos", explica a alcaldesa, Elba Veleiro.

Desta volta o cribado é para as persoas que traballan de cara ao público. Buscan asintomáticos. Facer test para lograr dobregar a curva.

Noticias web

29/01/2021