CRTVG

Buscar

Vilagarcía de Arousa, 70 contaxios na última semana

Publicado o 05/07/2021 16:06

Un dos concellos que está baixo especial vixilancia do comité é Vilagarcía de Arousa. Na última semana houbo unha explosión de 70 contaxios que fai temer un endurecemento nas restricións.

O coronavirus avanza polo Salnés. Cambados, Vilanova, A Illa e agora preocupa tamén Vilagarcía. Setenta casos nunha semana fixeron saltar as alarmas. A maioría teñen que ver con festas e ocio.

O virus esténdese na comarca e cómpre poñerlle cancelas. 2.000 vilagarciáns de entre 20 e 29 anos están chamados a facer unha PCR mañá e pasado no Fexdega. Desde o Concello fan un chamamento á participación.

A preocupación comeza a notarse nas rúas onde os veciños piden prudencia para non dar pasos atrás e ter un verán tranquilo.

Mentres, os hostaleiros temen que se acaben endurecendo as restricións, como sucedeu en Vilanova e Cambados, xusto agora que comezan a chegar os veraneantes.

Noticias web

05/07/2021