CRTVG

Buscar

Vigo recupera a cabalgata de Reis móbil e terá outra estática

Publicado o 18/10/2021 17:15

Vigo contará de novo este ano cunha cabalgata de Reis móbil despois de que o ano pasado se fixese estática debido á covid. Anunciouno hoxe o alcalde, Abel Caballero. 

Vigo recupera a cabalgata móbil, e con novidades. Terá movemento, pero non fará o mesmo percorrido. Sairá dende a rúa Venezuela, ás 6 da tarde, seguirá por Camelias, praza de América e rematará en Coia, onde se lles entregarán aos Reis Magos as chaves da cidade.

Pero ademais pola mañá haberá outra cabalgata, desta vez estática, tamén neste punto, onde permanecerá unhas tres horas para que os pequenos poidan saudar os Reis. Así pois, cabalgata por partida dobre en Vigo, un signo máis de que camiñamos cara á normalidade.            

Noticias web

18/10/2021