CRTVG

Buscar

Vigo lidera os casos activos en Galicia, cos contaxios medrando de xeito constante

Publicado o 19/04/2021 16:02

Con 732, a área sanitaria viguesa sitúase á cabeza de Galicia en casos activos, afianzando a tendencia ascendente da última semana vinculada á relaxación social e ao incumprimento da normativa sanitaria. Mañá o comité clínico valorará a situación. Non se decartan cambios nas restricións para a área de Vigo. 

É a área que máis preocupa. Roza os 150 casos na incidencia acumulada a 14 días, que implicarían un cambio nas restricións.

Na área sanitaria viguesa mantense a presion hospitalaria. Hai 33 persoas en planta e 5 en coidados intensivos. Nas últimas 24 horas confirmáronse por PCR 30 novos casos. As autoridades piden á cidadanía que non baixe a garda e que participe nos cribados organizados para frear os contaxios.

 

Noticias web

19/04/2021