Vigo impulsa o corredor ferroviario de mercadorías a Francia
Publicado o 08/10/2020 14:25

O porto de Vigo pon en marcha un corredor estable ferroviario para carga con Zaragoza e Francia. Unha conexión operativa dende este ano, despois de que se encargara da xestión da terminal ferroviaria de mercadorías de Guixar a empresa Transglobal.
Dende a compañía afirman que os resultados son positivos, pese á situación polo coronavirus. A conexión con Francia supón xa movementos de 26 trens de mercadorías semanais, cuns 800 contedores. E a previsión é pechar o ano cun total de 30.000 trasladados.
O obxectivo fundamental é afianzar o corredor cara a Europa vía ferrocarril.