Vigo estende ao persoal de atención primaria o seu sistema de detección
A área sanitaria de Vigo estende o seu sistema 'pooling' para detectar o coronavirus ao persoal dos centros de atención primaria. Estamos a falar dun sistema de recollida de mostras de saliva de maneira autómata que comezará no Val Miñor.
O sistema 'pooling' non é novo na área sanitaria de Vigo. Un chequeo grupal aos sanitarios que pode ser semanal ou quincenal para vixiar e controlar o virus en áreas estratéxicas.
Implantado dende maio no Cunqueiro, agora quere chegar tamén aos centros de atención primaria. Comezarase neste do Val Miñor. A recollida das mostras faise de maneira autómata a través da saliva.
Autorrexistro que se fai a través dunha aplicación móbil cunha identificación para cada sanitario onde se amosará o resultado evitando moitos trámites administrativos. Un sistema que permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns.
Resulta moi eficaz para examinar grupos de persoas en grandes centros de traballo. Xa se fixo na automoción, farase no sector do metal e traballarase tamén cos odontólogos. Unha ferramenta diagnóstica, en que participou a Universidade de Vigo, de momento, única en España.