CRTVG

Buscar

Vigo duplicou nun só día o rexistro de precipitacións de marzo

Publicado o 14/04/2021 14:34
Vigo duplicou nun só día o rexistro de precipitacións de marzo

Vigo foi o lugar onde se rexistraron na xornada de onte as maiores precipitacións de toda España. Unha intensa tromba de auga no centro da cidade e en Peinador fixo que se chegaran a recoller ata 30 litros, duplicando nun día os valores do mes de marzo, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Malia este dato, os rexistros de precipitación están moi lonxe do habitual neste mes. 

Noticias web

14/04/2021