Vigo comeza a conta atrás para o acendido das súas luces de Nadal
Publicado o 04/10/2021 21:57
Xa sabemos que se falamos de Nadal é Vigo quen marca os tempos. Dende hoxe un reloxo xigante instalado na rúa do Príncipe, no Museo Marco, lembrará que cada vez queda menos tempo para Noiteboa. Iniciouse a conta atrás e será difícil para os que pasen cada día por diante desta pantalla de grandes dimensións non pensar no Nadal, aínda que non queiran facelo. Así pois, en Vigo xa se respira Nadal á espera de coñecer a data de acendido da iluminación e de que comecen a soar as panxoliñas