CRTVG

Buscar

Vigo, capital galega do marisco durante a fin de semana

Publicado o 06/09/2019 16:51

As carpas do Berbés acolleron unha inauguración oficial por todo o alto, con todas as autoridades presentes e con Xosé Antonio Touriñán de pregoeiro. Pero ningún deles puido eclipsar o auténtico protagonista da festa: marisco de todas as clases cociñado con moito agarimo.

Charangas, orquestras, mercados de artesanía, xogos tradicionais. A festa terá animación continua. Pero sobre todo, un bo marisco para levantarnos o ánimo. Nada como un banquete compartido para celebrar a vida. Hoxe no Berbés, todos parecían un pouco máis felices.
 



 

Noticias web

06/09/2019