CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Vigo supera a da Coruña como a máis afectada polo coronavirus

Publicado o 09/04/2021 14:13

A área sanitaria de Vigo, a máis poboada de Galicia, ten 603 casos activos de coronavirus, cinco máis que a da Coruña, situándose como a bisbarra máis afectada. Na cidade séguense os datos con certa preocupación, por se o incremento podería supoñer a medio prazo novas restricións.

Moitos xa renunciaron desde o principio da pandemia a moitas actividades cotiás e a ver amigos e familiares. Por iso entre os cumpridores molesta moito ver imaxes de festas, sen máscaras e sen distancias.

Nos últimos sete días diagnosticáronse na área 177 casos, o que supón unha incidencia de entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes; a catorce días a incidencia sobe a entre 50 e 150. Son cifras preocupantes, cando aínda non se dan por rematados os efectos da Semana Santa.




 

Noticias web

09/04/2021