CRTVG

Buscar

Vigo, ao bordo dos 150 casos de incidencia e de pasar ao nivel medio de restricións

Publicado o 18/04/2021 21:57

Vigo podería mudar de cor no mapa de restricións en Galicia se nos vindeiros días seguen aumentando os casos e a incidencia acumulada. É dicir, pasariamos do nivel medio baixo ao nivel medio.

A cidade ten un incidencia acumulada nos últimos catorce días de 144 casos por cada cen mil habitantes. Chegar aos 150 suporía cambiar de nivel e implicaría máis restricións.

Nas últimas semanas diagnosticáronse só en Vigo 426 novos positivos. Iso converte esta área sanitaria na de máis casos activos de toda Galicia, é dicir, 706. A iso súmase a preocupación que xerou un gromo en que está presente a cepa brasileira.

As restricións afectarían en gran medida a hostalaría, cunha redución no número de clientes tanto no interior coma nas terrazas.

As vacinas son agora mesmo a fonte de optimismo para moitas persoas, e iso nótase no número de falecidos e na presión hospitalaria. Arestora, nesta área sanitaria son catro as persoas que loitan contra a enfermidade na UCI e 32 en planta.

Noticias web

18/04/2021