CRTVG

Buscar

Vigo acolle unha xornada reivindicativa en protesta contra a violencia sobre as mulleres

Publicado o 31/07/2021 15:25

Este sábado, ao longo de toda a xornada, celebraranse na cidade de Vigo, múltiples actos, nunha convocatoria do colectivo Feminismo Unitario, en protesta pola "onda de feminicidios", que se rexistraron nas últimas semanas.
A xornada busca dar resposta a violencia que se exerce contra as mulleres. Por iso, o lema dos talleres e actividades, que se desenvolven ao longo do día, é "Querémonos libres, querémonos vivas".
Os actos comezaron esta mañá cunha concentración. Pola tarde celebrarase unha manifestación, que percorrerá as rúas céntricas da cidade e rematará coa lectura dun manifesto e actuacións musicais.
O colectivo, que agrupa a máis de 25 organizacións, busca visibilizar a inseguridade que sofren as mulleres, ao tempo que reclaman máis axudas das administracións.








 

Noticias web

31/07/2021