Vigo, á marxe da vantaxes do novo Alvia
A pandemia, a duplicidade de estacións ferroviarias en Vigo déixanos esta imaxe da estación de Vigo Guixar esta mañá. Ir de Vigo a Madrid en tren pode levra desde seis hora e media ata máis de dez horas. Unha duración insoportable para moitos que prefiren ir en busO agravio comparativo con outras cidades será aínda maior a partir do martes en que Renfe anunciou a posta en servizo da alta velocidade entre Zamora e Pedralba.
Localidades como Pontevedra, Vilagarcía gozarán deste novo Alvia que reduce nunha hora e vinte e seis minuto salgúns traxectos Unha redución da que non gozará Vigo, a cidade máis poboada de Galicia.
A decisión de Renfe indigna a usuarios e a cidadáns en xeral. Malia todo, hai quen agradece esta marxinación en tempos de pandemia.
Os novos tempos do Alvia Guixar-Chamartín que comeza o martes serán de cinco horas corenta e cinco minutos, case unha hora menos ca agora, pero Vigo estará máis lonxe de Madrid que Lugo e só por detrás de Ferrol.