Vigo, a cidade galega coa compra máis barata
Vigo é a cidade galega coa cesta da compra máis económica, a oitava de España. O Alcampo de Coia está entre os dez máis baratos, pero é o de Murcia o máis barato de España. Son datos da última análise da OCU, en que A Coruña e Pontevedra tamén destacan como cidades onde a compra ten un importe máis baixo. Pero hai malas noticias: a organización de consumidores detectou que máis da metade dos produtos, o 55 por cento, subiu de prezo no último ano.
Ileana Izverniceanu: "O prezo da luz está disparado, non só o da luz, tamén os carburantes, monitorizamos prezos nas últimas semanas, e produtos que precisan electricidade, polo, ovos... incrementaron o prezo".
Nos últimos 365 días os españois perderon un 11 por cento do seu presuposto, mentes que se incrementou o que se destina á compra, uns 4.000 euros de media. Segundo a OCU, poderíanse aforrar ata mil euros na mesma cidade, de media, se se elixe ben onde mercar. Sendo Alcampo a cadea que máis se repite nos primeiros postos, plántalle cara Mercadona, a máis barata en 17 cidades, pero é a rexional Dani a máis económica de España. A oscilación de prezos varía moito, e Madrid é a que ten o maior contraste: 3.500 euros de diferenza entre establecementos, comprando os mesmos produtos. Alí teñen o supermercado máis caro de España, o Sánchez Romero da Moraleja, en Alcobendas.