CRTVG

Buscar

Vigo, a cidade española con máis coches por habitantes, un por cada dúas persoas

Publicado o 07/10/2021 13:57

Por cada dous vigueses hai un coche na cidade máis grande de Galicia. As cifras que dá Tráfico desvelan que na cidade están rexistrados máis de 150.000 turismos e non chega aos 300.000 habitantes censados.

As razóns detrás deste abuso do coche particular poden estar no transporte público dentro e fóra da cidade. Por exemplo, falan os expertod das dificultades para chegar á universidade ou aos polígonos da contorna.

Esta cantidade de coches inflúe no tráfico en horas punta e tamén na polución. Con todo, cada vez son máis os cidadáns que buscan desprazarse de xeito máis ecolóxico.

Noticias web

07/10/2021