CRTVG

Buscar

Vietnam adquire 50 millóns de doses da vacina de Hipra

Publicado o 14/09/2021 08:13
Vietnam adquire 50 millóns de doses da vacina de Hipra

A farmacéutica catalá Hipra anunciou este luns que subministrará a Vietnam 50 millóns de doses da súa vacina contra a covid−19, que aínda está na última fase de desenvolvemento. O preparado utiliza unha técnica xa usada noutras vacinas como as da gripe e ten a vantaxe de que se pode conservar a unha temperatura de entre dous e oito graos. Podería estar lista a principios do ano que vén. A empresa farmacéutica, con sede en Xirona, está especializada en medicina veterinaria e en coronavirus. Por iso conseguiu a autorización para desenvolver a vacina para humanos.

 

Noticias web

14/09/2021