CRTVG

Buscar

Vieites pide colaboración de empresas e Administración para os fondos Next Generation

Publicado o 20/04/2021 14:49

O presidente dos empresarios galegos pide que empresas e administracións públicas coordinen esforzos nas candidaturas para os fondos Next Generation. Juan Manuel Vieites di que só así se conseguirán uns investimentos para os que Galicia é a cuarta comunidade en número de solicitudes. Vieites pide tamén consenso en materia fiscal.

"Eu creo que Galicia ten que xogar un papel moi importante respecto deses fondos. E os empresarios imos estar aí cumprindo ese papel. Pero tamén as administracións deben estar á altura nas cuestións de fiscalidade ou impostos", dixo o presidente dos empresarios de galegos.

Noticias web

20/04/2021