O presidente da Xunta trasládalle a Pedro Sánchez a súa preocupación polo futuro de Alcoa
Publicado o 31/05/2020 21:38
Alberto Núñez Feijóo aproveitou a xuntanza telemática co presidente do Goberno para transmitirlle a preocupación ante a inmovilidade do executivo central para establecer o estatuto das industrias electrointensivas, cun prezo que lles permita ser competitivas.
Esa carencia é sobre a que pivota a decisión dos dirixentes de Alcoa para o futuro das súas instalacións en San Cibrao.