CRTVG

Buscar

Vidal conta con Vázquez porque é "o adestrador perfecto para este proxecto"

Publicado o 23/07/2020 20:52

Con varias frontes abertas, o Deportivo non pode distraerse da planificación da vindeira temporada. Claro que todo depende da categoría, mesmo o inicio da competición, previsto para mediados de setembro en Segunda e para un mes despois en Segunda B.  "Sígome considerando adestrador de Segunda División co Deportivo e que para min o Deportivo está e estará en Segunda División", aclara Fernando Vázquez.

"O tempo é curto para todos. Canto antes se tome a decisión de onde imos competir mellor para poder planificar todo co maior tempo posible", sinala Fernando Vidal.

Poucas cousas están tan claras como a continuidade de Fernando Vázquez á fronte do equipo. "É o adestrador perfecto para este proxecto. Eu pregunteille, 'Fernando, a morte con todo?' Pois imos a morte con todo. Esteamos onde esteamos imos estar xuntos e sacar isto adiante", di o presidente.

A afinidade entre adestrador e presidente non ten fendas. Antes de planificar, os dous traballan para o mesmo obxectivo. "A min dáme igual que sexan 22 ou que sexan 24. O único que espero, porque é de xustiza, é que o Deportivo forme parte da Segunda División", comenta o aestrador.
 

Noticias web

23/07/2020