CRTVG

Buscar

Fernando Vidal, un ano de presidencia, á que chegou da man de Abanca

Publicado o 08/02/2021 21:11

Esta imaxe, de hai pouco mais dun ano, vese agora moi lonxana. Fernando Vidal e Juan Carlos Escotet selaban un acordo para converter a Abanca en accionista maioritario e así darlle viabilidade ao club.

Poucos días despois Fernando Vidal accedía á presidencia coa aprobación da Xunta Xeral de accionistas coa folla de ruta da ampliación de capital para converter a Abanca en propietaria, e cunha oposición mínima. Fernando Vázquez foi a outra aposta do presidente. O equipo pasou de estar afundido en Segunda a ter a permanencia ó alcance pero ao final fracasou.

A amizade e confianza en Vázquez levou a Fernando vidal a poñer o seu posto sobre a mesa cando Abanca lle esixiu a destitución do adestrador tras a primeira derrota da temporada, co Celta B en Riazor. Na seguinte derrota Vázquez caeu e chegou Rubén de la Barrera, quen recoñeceu hai uns días que o seu interlocutor é Abanca.

Dous días antes o presidente de Abanca avisaba nunha declaración pública que faría cambios inminentes para profesionalizar o club. A derrota do Deportivo no campo do Coruxo precipitou seguramente os acontecementos. Quedan 5 partidos para non perder o tren do ascenso e moitas dúbidas sobre o proxecto e a continuidade do adestrador.

Noticias web

08/02/2021