Victoria Portas, da Alternativa Canguesa de Esquerdas, nova alcaldesa de Cangas
Publicado o 13/02/2021 14:23
Victoria Portas é dende hai unhas horas a nova alcaldesa de Cangas do Morrazo.
Foi nomeada cos votos do seu grupo, Alternativa Canguesa de Esquerdas, do PSOE e do BNG. Os tres edís de Avante votaron en branco e os 7 do PP apoiaron o seu candidato.
A remuda na alcaldía de Cangas debeuse ao falecemento de Xosé Manuel Pazos o 25 de xaneiro.