CRTVG

Buscar

Víctor Senra gaña o Rally Ribeira Sacra iguala ao seu pai como penta-campión galego

Publicado o 02/10/2021 20:51

E acaba de rematar o Rally Ribeira Sacra, coa proclamación de Víctor Senra como campión galego por quinta vez consecutiva.

Foi logo dun man a man espectacular con Francisco Dorado nos treitos da mañá. Comezou Senra marcando o scratch nos dous primeiros, e respondeu Dorado cos dous seguintes. Senra volveu impoñerse no quinto, para rachar definitivamente o rally no primeiro da tarde con 40 segundos de vantaxe sobre Francisco Dorado. Quedaba así despexado o camiño cara ao seu quinto título, e sumou, ademais, a sexta vitoria noutros tantos rallys, cun minuto e doce segundos de vantaxe sobre o seu rival. Koke Garnelo completou o podio.

Noticias web

02/10/2021