Víctor Senra e David Vázquez buscarán o quinto título en 2021
Publicado o 25/12/2020 16:00
É a parella que domina os rallys en Galicia dos últimos anos. Víctor Senra gañador as catro últimas edicións ten o quinto no horizonte con David Vázquez
No calendario do galego do ano próximo en principio haberá nove probas que Senra vai correr probablemente cun novo coche.
David Vázquez tamén é o copiloto habitual de Iván Ares no español e no europeo.
David Vázquez leva cinco anos gañando o Galego, os catro últimos a carón de Víctor Senra, que tamén quere facer a futura Copa de España. Así que a temporada que vén igual se lle amorea o traballo.
Pois para saber máis dos protagonista que lle dan calidade ao motor en Galicia, a cita é mañá ás 20:45 Trata de Arrancalo na G2.