Víctor Senra á TVG: "Cambiei a miña opinión polos cartos investidos e pola miña xente"
Publicado o 09/12/2020 15:10
Despois de darlle moitas voltas, e malia o seu desacordo co sistema de puntuación, Víctor Senra estará na Mariña, na proba que decidirá o galego de rallys.
O líder, que aspira ao seu cuarto título, expón as razóns do seu cambio de opinión.
Víctor Senra: "Cambiei a miña opinión polos cartos investidos e pola miña xente".
Pesou tamén o aspecto deportivo. Este ano, o Rally da Mariña ten este ano máis alicientes.
Canda o piloto ruso e o propio Víctor, buscarán o título os Caamaño, Meira. Dos primeiros, Alberto Otero foi o único que non se inscribiu.