CRTVG

Buscar

Os piares da sostibilidade mineira, a debate nun foro en Santiago de Compostela

Publicado o 25/09/2019 11:29

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolle este mércores un foro de reflexión sobre o potencial das reservas de minerais e o seu aproveitamento en beneficio do progreso social. Trátase dun foro organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, a plataforma Minaría Sostible de Galicia e a Confederación Nacional de Empresarios de la Minería e da Metalurxia.

Vicente Gutiérrez, director da Asociación Española de Empresas Mineiras, participa nesta xornada e asegura que "vivimos rodeados permanentemente de minerais procesados. Un teléfono móbil, un protátil, unha televisión..., todo, absolutamente todo, está sacado de diferentes minas".

En canto á cantidade de minas que existen en Galicia, Vicente Gutiérrez di que "agora mesmo hai miles de explotacións mineiras. E, por exemplo, da minaría metálica, que é a que máis nos interesa neste momento, hai aproximadamente 23 explotacións mineiras".

Sobre a sostibilidade, o director da Asociación Española de Empresas Mineiras asegura que "hoxe en día non hai minaría nin industria que non sexa sostible. A sostibilidade está suxeita por tres piares: a medioambiental, a económica e a social. Non se pode dicir que a sostibilidade é todo medio ambiente, ten que haber economía porque se un proxecto non é viable economicamente non hai sostibilidade ambiental nin social. Os tres piares deben estar dende o primeiro momento enriba da mesa".

Noticias web

25/09/2019