A mellora da situación permite a recuperación das viaxes en globo pola Ribeira Sacra
Publicado o 05/06/2021 14:29
Mentras a brétema acaba de levantar, o equipo que viaxa hoxe empeza a colocar o globo para poderlle meter o aire.
Esta é unha das empresas que operan na zona facendo viaxes con globos. Son de Madrid e fan aquí a temporada de verán.
Agora hai que quentar o aire para que o globo empece a levantarse. As medidas de seguridade están todas comprobadas.
Nesta cesta collen un máximo de doce viaxeiros
Comeza a viaxe, un paseo que supera as súas expectativas.
O prezo do paseo é de 180 euros.
Isto é a Ribeira Sacra a vista de paxaro. Observala así é uin privilexio.
Logo dunha hora aproximada remata a viaxe. Nesta ocasión descenderon nun padro, de novo todos os viaxeiros forman equipo para recoller o globo para o próximo paseo.