Viaxes de fin de curso, no aire polo coronavirus
Publicado o 03/03/2020 14:54
Aínda non tiñan os billetes comprados, pero si todo organizado para o seu intercambio cos alumnos do norte de Italia, pero os alumnos deste instituto compostelán van quedar en terra, coma tantos outros que tiñan planeado viaxar a zonas de risco.
Polo momento manteñen outras excursións programadas a Madrid, Salamanca, Francia e Bruxelas, pero van revisar a contratación para que os alumnos, ademais da ilusión, non perdan os cartos.
Plans no aire pola incerteza que causa o coronavirus, tamén na comunidade educativa, moi pendente da evolución desta inesperada crise.