Viaxes de cine por Ourense dentro do OUFF
Explica Adrián Novoa que "aínda que a maior parte da Esmorga transcorre en Ourense cando baixan da escalinata de Santa María Nai de repente, maxia, aparecen nesta rúa e chegan á taberna da película". O Papuxa, no barrio xudío de Ribadavia, converteuse na taberna da Tía Esquilacha para acoller a noite de troula que viviron o Bocas, o Milhomes e o Cibrán na película da Esmorga.
Adrián Novoa, coordinador de Viaxes de Cine, salienta que "a actividade dá a coñecer as películas que foron rodadas en Ourense, a través dunha xincana fotográfica na que reproducimos escenas desas películas".
Algúns dos participantes afirman que "recreamos algunhas escenas mellor ou peor, pero está ben. É unha forma divertida". Ademais, di outra, "aprecias o que hai, onde gravaron, o que é. Eu estou aprendendo moito".
Percorren a comarca do Ribeiro achegándose as localizacións de películas como Elisa y Marcela, Cotolay, Olvido y León ou Cuñados. Unha actividade coa que se pretender dar a coñecer o potencial de Ourense como estudio de cine.
A provincia de Ourense acolleu xa a rodaxe de 27 películas. A vindeira viaxe de cine será o venres.