CRTVG

Buscar

Viaxe polo tempo á mostra de banda deseñada do Oeste que se expón na Coruña

Publicado o 29/07/2021 22:58

No mundo editorial español o Oeste chegou ao cómic na década dos 40 do século pasado. Nesa época, as publicacións estaban sometidas á censura do franquismo.

A finais dos 60 a irrupción da televisión desbanca os cadernos de cómics para dar paso ás revistas e aos autores franco-belgas. Entre elas, a mítica francesa Pilote, en que Ton descubriu de neno o tenente Blueberry, considerado o maior expoñente do Oeste americano en viñetas.

Aí deu comezo unha paixón que o levou a converterse en coleccionista. Posúe milleiros de exemplares. Algúns, pezas únicas valoradas en máis de 1.000 euros. Unha pequena parte están expostas na Casa Museo Picasso da Coruña ata o 19 de setembro.

Noticias web

29/07/2021