CRTVG

Buscar

Ferrol regresa ao século XVIII para reecontrarse co seu pasado ilustrado

Publicado o 09/07/2021 21:26

Boa parte do Ferrol que coñecemos hoxe deseñouse e construíuse ao longo do século XVIII, baixo os criterios urbanísticos da Ilustración.

Xa hai uns vinte anos houbera unha feira ilustrada. Aos actos convocados para esta fin de semana chamáronlles Primeiro Festival Ilustrado no Camiño Inglés.

Arrancaron as seis da tarde con pasarúas nos que ían personaxes "ilustrados" e van prolongarse con outros eventos ata mañá pola noite.

Os organizadores do festival, que son o centro de iniciativas turísticas de Ferrol, A Deputación e o Xacobeo, din que é a primeira vez, pero que teñen intención de seguir celebrandoo tódolos anos.

Noticias web

09/07/2021