Vialia abre hoxe toda a súa oferta de ocio e restauración
"Cando máis me gusta vir é precisamente cando non hai xente, cando hai menos xente. Onte, por exemplo, isto foi brutal", comenta un veciño de Vigo.
Unha imaxe inusual nos días que leva aberto, co aparcadoiro baleiro, algún que outro curioso e xente con maletas apresurada para non perder o tren. Iso sucedía a primeira hora, co avance da mañá o centro demostrou o seu poder de atracción. Moitos vigueses aproveitaron hoxe para vir coñecelo.
"Non tiven tempo de vir pola semana porque isto está sempre cheo e paréceme impresionante", fala outro. "Curiosidade, vivo cerca e entón quería saber como ía, non son moi partidaria dos centros comerciais, pero ben, por coñecelo, porque é distinto, si, algo novo", apunta unha veciña.
Malia non estar os comercios abertos por ser festivo, notouse a expectación que xera o centro en si mesmo e toda da a súa oferta de ocio e restauración.
"Quedamos nun hotel ao lado do centro comercial e dixéronnos que é novo e dixemos 'imos ir almorzar e vemos xa de paso coma é', falan uns rapaces andaluces. "Eu non veño comprar, veño pasear, coñecer, o lugar é precioso, a decoración é fermosísima e tes cousas riquísimas se as queres probar", indica unha turista arxentina.