CRTVG

Buscar

Vestas négase a retirar o ere dos traballadores da factoría de Viveiro

Publicado o 06/10/2021 21:31

Vestas négase a retirar o ere para os 115 traballadores da factoría de Viveiro. A multinacional dinamarquesa confirmoullo ao comité de empresa na reunión deste mércores.

Os traballadores insisten na necesidade de paralizar o despedimento colectivo mentres esta en marcha a mesa industrial que onte quedou constituída baixo o amparo da Xunta e en que se está a negociar unha saída alternativa ao peche da fábrica.

 

 

Noticias web

06/10/2021