CRTVG

Buscar

Vero Boquete explícanos como é a súa vida en Utah

Publicado o 22/04/2020 16:10

A futbolista galega máis importante da historia segue marabillando. Ultimamente, polos Estados Unidos. Continúa, a uns 5.000 quilómetros de Galicia, gozando do fútbol.

Os Estados Unidos, o país do mundo máis castigado polo coronavirus. Vero Boquete vive en Utah. Cada estado ten as súas normas. Ela pode saír a facer adestramentos individuais.

A súa familia futbolística é dende o ano pasado o Utah Royals. Levan seis semanas sen adestrarse. Fálase de que a Liga pode comezar a finais de xuño.

Son estimacións cara a un futuro descoñecido, pouco previsible. 


 

Noticias web

22/04/2020