CRTVG

Buscar

Verín volve ao peche perimetral xunto a Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro

Publicado o 29/12/2020 14:31

"Hoxe vólvennos pechar" é a frase máis repetida nas conversas entre a veciñanza de Verín. A partir desta media noite, os desprazamentos quedan limitados ao peche perimetral conxunto entre os concellos de Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro.

Preocupación entre os veciños polo aumentos dos contaxios, o pasado dous de decembro había só 2 casos activos, hoxe son xa 61. En vixilancia especial desde hai unha semana, o empeoramento da situación levou o comité clínico a endurecer as restricións. Un paso atrás que prexudica especialmente á hostalería.

Na provincia de Ourense emporatamén a situación en Xinzo de Limia que pasa o nivel medio alto de restricións. Limítase a mobilidade e redúcese a ocupación na hotalería. Ademais segue a vixilancia e as limitacións especiais nos concellos de Sarreaus e A Rúa.

Noticias web

29/12/2020