CRTVG

Buscar

Verín vive un Xoves de Comadres atípico pola pandemia

Publicado o 11/02/2021 17:06

Verín viviría hoxe unha das xornadas más multitudinarias do seu Entroido, o Xoves de Comadres. A situación sanitaria obriga a adiar as celebracións.

Hai un ano restaurantes coma este terían xa o comedor preparado para recibir milleiros de mulleres chegadas dende toda Galicia para celebrar o Xoves de Comadres. En Verín este ano din que o Entroido está en pausa. É o único xeito, afirman, de cumprir as normas sanitarias, de garantir que o poidamos celebrar o vindeiro ano.

Este ano o Entroido de Verín está en pausa. Un Entroido que asoma a súa faciana pola fiestras e balcóns. En soidade ou só con conviventes.

A pandemia mudou a imaxe dos restaurantes. A festa deixou paso ao silencio, só roto polos pedidos a docimilio.

Noticias web

11/02/2021