Verín esperta cun alivio nas restricións tras semanas de peche
Hoxe son varios os concellos que arrancaron a xornada cun alivio das medias que tiñan hai varias semanas. Un deles é Verín.
Na vila ourensá agardaban con ansia ese alivio nas restricións, en especial o sector da hostalería, que hoxe finalmente abría as portas aos seus clientes despois de mes e medio de peche.
Tras semanas perimetrados e coa prohibición de reunirse cos non conviventes, o ambiente que se respira hoxe é ben distinto ao que se atopaba outros días.
O mesmo acontece noutros concellos da provincia como Coles ou Amoeiro, dous municipios moi próximos ao de Ourense, que entraron nese nivel 3 o pasado 4 novembro. Tamén neles se suavizan a partir de hoxe as medidas restritivas en canto a mobilidade, xuntanzas e hostalería.
A ledicia e a prudencia son desta volta as notas dominantes entre os veciños destes municipios.