CRTVG

Buscar

Verín baixa a nivel verde tras a boa evolución das últimas semanas

Publicado o 18/11/2020 13:50

Verín está hoxe no nivel verde de incidencia de covid en 7 días despois de estar moitos días no nivel 3, o máis alto. Verín ten hoxe 21 casos activos, no pico máis alto, o 27 de outubro chegaron a ter 92.

Cando as restricións máis severas se impuxeron en 60 concellos galegos, en Verín levaban xa un mes coa prohibición de xuntarse con persoas non conviventes e dende o 22 de outubro con peche perimetral. Os bares estiveran pecharan voluntariamente tres semanas, antes de ter que volver pechar o 7 de novembro.

Non está previsto, polo momento, que retiren as restricións en Verín.

Noticias web

18/11/2020