CRTVG

Buscar

Verín acollerá a primeira base aérea transfronteiriza de loita contra o lume

Publicado o 12/04/2021 16:02

Unha nova base para medios aéreos axudará a combater os incendios forestais entre Galicia e Portugal. Segundo anunciou o vicepresidente da Xunta, estará situada no concello arraiano de Verín.

Será a primeira base aérea transfronteiriza de España, con capaidade para 6 hidroavións e 4 helicópteros e unha pista de 1.200 metros. Segundo o director xeral de Montes, Manuel Rodríguez, "vai permitir alcanzar nun radio de 15 minutos toda a fronteira portuguesa e ourensá practicamente ata Tui".

En só tres días, entre o 12 e o 14 de setembro do ano pasado, arderon 4.000 hectáreas na fronteira ourensá con Portugal. Con esta base aérea, pretenden axilizar a resposta contra o lume.

"É unha actuación que vai ser exemplo de cooperación entre países e vai mitigar un problema que aquí coñecemos perfectamente e que arrasa esta comarca ano tras ano", asegura José González, conselleiro doe Medio Rural.

O investimento ascende a 9 millóns de euros e a previsión é que estea executado a finais do ano que vén. Participan oito socios. Ademais de Galicia e Portugal, sumáronse ao proxecto as comunidades de Castela León e Estremadura e as deputacións provinciais lindeiras co país veciño.

Noticias web

12/04/2021