CRTVG

Buscar

Ver a familia é o primeiro que farían os veciños da provincia de Lugo se pasasen á fase 1

Publicado o 07/05/2020 14:46

Na ruá hai gañas de… "sobre todo, ver a familia".

Ver a familia si, pero non os familiares vulnerables. Xuntaremos pero non a menos de dous metros, son as novas reunións marcadas pola distancia e a hixiene. Poderán ser nas terrazas que abrirán ao 50 por cento da súa capacidade.

Poderemos viaxar pola provincia, os vehículos volverán encherse pero so con persoas da mesma unidade familiar. Poderemos facer turismo de natureza e aloxarnos nun hotel, aínda que sen acceso ás zonas comúns. O ocio completase con visitas aos museos e cos espectáculos ao aire libre para menos de 200 persoas. Tamén se amplia a actividade comercial, traballaran co 30 por cento do seu aforo e con horario prioritario para os maiores de 65.

Novidades tamén na actividade educativa: "Estarán abertos os centros de ensino público para formalizar as matriculas, estarán ata o día 18", explica Isabel Calvete, presidenta de Fapacel.

Haberá misa, pero con restricións de afluencia nas igrexas e nos velorios, cun máximo de 15 persoas.

Noticias web

07/05/2020